jueves, 12 de noviembre de 2009

Folclore e Espectéculos

En Roma, os espectáculos públicos que a clase dirixente procuraba ao pobo chamábanse genéricamente xogos públicos (ludi). Eran gratuitos, pois eran un dereito do cidadán, non un luxo.

Os lugares de celebración de espectáculos eran tres: o circo, o anfiteatro e o teatro, cada un especializado nun tipo de espectáculos.

Os xogos comezaban cun desfile inaugural (pompa) polas rúas de Roma, desde o Capitolio ata o Circo Máximo, desfile encabezado polo maxistrado que ofrecía os xogos, quen, ao chegar ao Circo Máximo, declaraba inaugurado o espectáculo. Estes xogos adoitaban incluír as seguintes competicións:

Ludus Troianus, que consistía nun simulacro de batalla entre os mozos da aristocracia.

Exhibicións ecuestres, acrobacias dacabalo realizadas por xinetes expertos (desultores).

Carreiras pedestres, nas que durante horas e horas os participantes daban centos de voltas á pista do circo.

Carreiras de carros, que eran o prato forte dos xogos. Os carros eran tirados por dous, tres ou catro cabalos. Cada carreira consistía en dar sete voltas á pista ao redor da espina central.

Estes espectáculos de carros toleaban á multitude, que se dividía en apaixonadas faccións, cada unha delas identificada por unha cor: os verdes, os azuis, os vermellos e os brancos. Baixo estas cores latexaban diferentes tendencias políticas e sociais: os azuis adoitaban representar á aristocracia, mentres que os verdes eran seguidos masivamente polas clases populares. Os aurigas podían converterse en auténticas estrelas si conseguían moitas vitorias, e o mesmo sucedía con algúns cabalos, aos que o público coñecía e animaba coma se fosen persoas.


http://www.santiagoapostol.net/latin/espectaculos.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario